pantallin_web.jpg
AS ACTIVIDADES SOBRE ESTACIÓNS DO ANO DO CEIP. RÍA DE VIGO
seasons.gif
  • VERANO (Educación Infantil-3 anos)
Divírtete aprendendo conceptos relacionados coa estación do ano do verán. De forma lúdica e divertida traballaremos os obxectos relacionados coa estación, os seus nomes, formaremos parellas, traballaremos a atención, os números, as cantidades, etc.
Verano_1.jpeg


  • CHEGA A PRIMAVERA (Educación Infantil-3 anos)
A partires destas actividades relacionadas coa primavera, traballaremos conceptos (cheo/baleiro, enriba/debaixo, moitos/poucos, series), vocabulario básico, grafomotricidade, características da estación, etc.
ChegouPrimavera.jpg



  • CANTO SABEMOS DO OUTONO (Educación Infantil-3 anos)
Con esta actividade pretendemos "repasar" os contidos traballados durante o 1º trimestre, no que estivemos a desenvolver un pequeno proxecto sobre o outono. Así, traballaremos conceptos xa experimentados nas aulas como os tipos de árbores segundo a súa folla, a clasificación dos froitos en carnosos e secos, as festas máis relevantes que celebramos no colexio (Magosto e Samaín),... A actividade a poderedes descargar en dúas partes xa que o tamaño do arquivo supera o permitido.
SabemosOutono.JPG


Aquí vos deixamos tamén os enlaces aos dous vídeos que insertamos na actividade por si non se vos ven. O primeiro é unha canción de outono
http://www.youtube.com/watch?v=DTXLyODqMw4&feature=related
e, o segundo, é un vídeo onde se amosa a migración dos paxaros
http://www.youtube.com/watch?v=0AgZLrrwMPg


  • PENSA QUE VES (Educación Infantil)
Con esta actividade traballamos co cadro de Arcimboldo "El otoño" e, xuntos, aprendemos a pensar.
pensaqueves.JPGARCIMB~1.JPG



  • LAS HOJAS DEL ÁRBOL (4º Educación Infantil-3 anos)
Unha nova actividade!!!... Con ela traballamos a grafomoticidade, a identificación das cores das follas do outono (marrón, amarelo, laranxa, verde e vermello), realizamos clasificacións atendendo a cores e traballamos a atención.
hojasarbol.JPG



  • ATOPA AO DIFERENTE. XOGAMOS NO OUTONO (Educación Infantil)
Aquí vos deixamos esta sinxela actividade relacionada coa estación do Outono; esta dirixida ao alumnado de educación infantil e, máis concretamente, aos nenos e nenas de 3 anos (4º de educación infantil). Deberán adiviñar cal é a imaxe diferente das seis que se presentan en cada pantalla... agardamos que vos guste.
diferenteoutono.JPG



  • O CICLO DA AUGA (Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria)
Este arquivo sobre o ciclo da auga contén unhas breves e sinxelas actividades nas que poderemos xogar e comprender mellor o proceso que segue a auga. Traballamos soamente tres momentos: evaporación, condensación e precipitación.
O primeiro que atopamos é un vídeo titulado "La gotita viajera" dos autores Patricia López e Marcos (Córdoba-Arxentina_2010):

http://www.youtube.com/watch?v=0Lp_70hw_3E
cicloauga.JPG



.
.
  • O INVERNO (Educacion Infantil)
Esta actividades sobre o Inverno a podemos atopar dirixida ao alumnado de 3, 4 e 5 anos (cada unha delas atópase nun arquivo diferente). Utilizamos estas actividades como soporte para repasar e ampliar os contidos traballados e programados no primeiro trimestre para cada unha das idades.
inverno5.jpg



.

  • ESTAMOS EN... OUTONO (Educación Infantil)
Esta actividade está dirixida ao alumnado de 4 e 5 anos e traballa as características da estación. A medida que vaiamos avanzando aprenderemos vocabulario relacionado co outono, características e elementos propios da estación, traballaremos grafomotricidade, os números do 1 ao 6, conceptos básicos do primeiro trimestre, etc.
Todas as actividades teñen son (premendo nos textos das mesmas escoitarás o que tes que facer) e unha frecha de "avanza" para seguir dunha actividade á outra.
outono.JPG

.

  • LA GOTITA CLARITA (Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria)
Disfruta co conto da gotita Clarita e coñece o ciclo da auga. Nestas actividades poderás ler o conto e traballar con pictogramas.
Como verás, o primeiro arquivo "lagotitaclaritaEP" está máis dirixido ao alumnado de educación primaria xa que aparece a letra cursiva; o segundo arquivo, "lagotitaclaritaEI" xa presenta o conto con letras maiúsculas, máis orientado á educación infantil.
lagotitaclaritaEP_1.jpg