pantallin_web.jpg
ACTIVIDADES SOBRE OS PIRATAS
pirata.jpg



  • 50 x 15 "EL PIRATA PEPE" (Educación Infantil)
Aquí compartimos con todos es ta nova actividade 50x15; nesta ocasión sobre un dos libros que este ano se está a converter nun dos nosos favoritos: "El pirata Pepe"
pepe50x15_1.jpeg



  • ACTIVIDADES CONTO "EL PIRATA PEPE" (4º Educación Infantil-3 anos)
Nesta actividade traballamos unha serie de actividades que nos axudarán a coñecer mellor o que lle sucede a este divertido pirata chamado Pepe.
pirata_pepe_pizarra_1.jpeg



  • TITANIC. 100 ANOS DO NAUFRAXIO (Educación infantil)
Como ben sabedes, durante o curso 2011/2012 estamos a desenvolver na escola un proxecto de centro titulado "Suban a bordo, lean e naveguen" en conmemoración do Centenario do afundimento do Titanic. Así, a mestra Ángeles Maquieira (coordinadora da BiblioRía) elaborou este pequeno documento para traballar o suceso cos nenos e nenas. Dende aquí poderedes descargar o arquivo que agardamos vos guste.
Dentro de pouco, "subiremos" máis actividades, nesta ocasión, para traballar este tema co EDI.
titanic01.jpg



  • MATEMÁTICAS PIRATAS (Educación Infantil)
A partires destas actividades, poderás traballar con dous tipos de actividades relacionadas coas matemáticas: por un lado, "cantos hai?" e, por outro, "que di o dado?". Nas primeiras, terás que asociar o número coa cantidade correspondente. Nas segundas, premer no dado e colocar tantos obxectos como indique. Presentámola en tres arquivos xa que presenta un elevado peso que dificulta a súa subida (podería ser que desapareceran as ligazóns; se é así voltade a activalas co software do encerado dixital)
Matematicas_Piratas.JPG





  • XOGAMOS COS PIRATAS E COAS LETRAS (6º Educación infantil-5 anos)
Grazas a esta actividade poderemos traballar o vocabulario máis significativo relacionado co tema dos piratas. Así, traballaremos con cada unha das letras que conforman a palabra "pirata", relacionaremos palabras en minúscula e maiúscula, asociaremos palabra-imaxe, etc.
PiratasLetras1.jpg
VERSIÓN EN GALEGO

VERSIÓN EN CASTELÁN



  • 50X15 PIRATAS (Educación Infantil)
A partires desta actividade, poderemos divertirnos coma se estivésemos no concurso da televisión "50x15 ¿quieres ser millonario?".
50x15Piratas1.jpg